Ámbitos subxectivos e obxectivos
Quen pode outorgar apoderamento e a quen pódese apoderar?
Poden outorgar apoderamento para a realización, no seu nome, de determinados trámites tributarios do seu ámbito persoal, as persoas físicas, persoas xurídicas e entidades carentes de personalidade xurídica a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria (as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición). O apoderamento pode, pola súa parte, ser outorgado a unha ou varias persoas, tanto físicas coma xurídicas.
A instrumentación da representación por esta vía non supón ningún incremento da responsabilidade da persoa representante respecto do que se establece na normativa que a regula con carácter xeral.