Declaración institucional
A Axencia Tributaria levou a cabo un proceso de determinación das prioridades estratéxicas para os próximos anos. Este proceso finalizou coa aprobación e publicación do Plan Estratéxico 2020-2023, documento que é o resultado dun traballo de reflexión e análise da organización e que abarca, entre outros, os seguintes ámbitos:
- Exame do medio económico nacional e internacional e do medio de desenvolvemento da actividade da Axencia.
- Avaliación dos medios humanos e materiais necesarios para desenvolver o Plan.
- Análise da infraestrutura ética, incluíndo o compromiso para o desenvolvemento formal dun código ético dirixido a todos os empregados.
- Establecemento dos obxectivos estratéxicos a cumprir no marco do Plan incluíndo un elenco de indicadores estratéxicos para medir a evolución da Axencia no medio prazo.
- Determinación dos principais eixes vertebradores de actuación para o período, que inclúen proxectos e medidas de asistencia, prevención e control.
- Impacto do Plan por perfís de contribuíntes e accións e procedementos aplicados pola Axencia.
- Aliñación dos distintos instrumentos de planificación de maneira que permitan realizar un seguimento coherente dos obxectivos operativos e priorizar as actuacións máis relevantes para a Axencia.
No marco constituído polo Plan Estratéxico 2020-2023, éstáse avanzando no desenvolvemento dos distintos compromisos e proxectos da organización, entre os que se encontra o fortalecemento e conformación dunha infraestrutura ética aplicable a toda a organización. Este proxecto iníciase coa aprobación dunha Declaración institucional polo Comité de Dirección da Axencia, en que se fai explícito o compromiso ético da organización, o que permitirá avanzar cara á consolidación dunha infraestrutura ética mediante a elaboración dun código de principios e de conduta aplicada ás singularidades e actividade específica da Axencia Tributaria.