Establecementos de hiperligazóns
a) Hiperligazóns da Sede da Axencia Tributaria a outras páxinas web
Na web da AEAT incluíronse ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros (“ligazóns ”), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese. Non obstante, a Axencia Tributaria non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros aos que se fai referencia nesta web.
b) Hiperligazóns desde outras páxinas web á Sede da Axencia Tributaria
As persoas que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Axencia Tributaria deberán ter en conta o seguinte:
- O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Axencia Tributaria e a persoa propietaria da páxina web en que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Axencia Tributaria dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Axencia Tributaria autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumido de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.
- A Axencia Tributaria non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. Quen estableza a hiperligazón asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
- A páxina web en que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Axencia Tributaria, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
- A páxina web en que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.