Utilización da información contida na web da Axencia Tributaria
O acceso á web da Axencia Tributaria e o uso que poida facerse da información que contén son da exclusiva responsabilidade da persoa que o utiliza. A Axencia Tributaria non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso da información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A información dispoñible no sitio web da Axencia Tributaria, agás indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- É obrigatorio citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
- É obrigatorio mencionar a data da última actualización, cando estea dispoñible, dos documentos obxecto da reutilización.
Podes obter máis información na seguinte ligazón: Acceso á información sobre reutilización na Axencia Tributaria