Relación de fraudes detectadas
Saltar índice da informaciónA través de Internet: páxinas web falsas e phishing
Os intentos de engano fan referencia a supostos reembolsos ou devolucións de impostos, mediante envíos de comunicacións masivas por correo electrónico en que se suplanta a identidade e imaxe da Axencia Estatal de Administración Tributaria, ou ben a identidade do seu persoal directivo. Con frecuencia, os intentos de fraude fan referencia a unha suposta información que imposibilita o envío da devolución da campaña de Renda e suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.
Nestes envíos de correos fraudulentos, coñecidos como “phishing”, faise referencia a un reembolso de impostos inexistente en que a persoa receptora do e-mail sae beneficiada. Para poder dispor do diñeiro hai que acceder a un enderezo web ou encher un formulario en que se deben achegar datos de contas bancarias ou tarxetas de crédito ou débito.
O obxectivo dos delincuentes é roubar á vítima datos persoais ou bancarios, xa for remitíndolle a unha páxina web falsa que suplanta á da Axencia Tributaria ou facéndolle descargar ficheiros con virus.
Non atendas esas mensaxes, son un intento de fraude suplantando a imaxe da Axencia Tributaria.
Non é a primeira vez que se utiliza este tipo de correos fraudulentos. Por este motivo a concienciación e a información da cidadanía é esencial. Recomendamos:
- Non abrir mensaxes de usuarios descoñecidos ou que non solicitases, eliminaos directamente.
- Non contestar en ningún caso a estas mensaxes.
- Precaución ao seguir ligazóns en correos aínda que sexan de contactos coñecidos.
- Precaución ao descargar ficheiros adxuntos de correos aínda que sexan de contactos coñecidos.
A Axencia Tributaria lembra que a mellor medida é a prevención ante comunicacións sospeitosas que inclúan a petición de datos bancarios.
A Axencia Tributaria insiste en que:
- Nunca solicita por correo electrónico información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta nin adxunta anexa con información de facturas ou outros tipos de datos.
- Nunca realiza devolucións a tarxetas de crédito ou débito.
- Nunca cobra importe algún polos servizos que presta. A persoa que os utiliza só asumirá o custo compartido das chamadas a teléfonos 901.
Consulte exemplos destas campañas de suplantación da Axencia Tributaria Nova xanela
A Axencia Tributaria é titular do sitio web composta polo Portal (dominio: “www.agenciatributaria.es ”) e a Sede electrónica (dominios: "sede.agenciatributaria.gob.es", “www.agenciatributaria.gob.es”, "www1.agenciatributaria.gob.es", "www2.agenciatributaria.gob.es", "www3.agenciatributaria.gob.es", "www6.agenciatributaria.gob.es", "www8.ia.agenciatributaria.gob.es", "www9.agenciatributaria.gob.es", "www10.agenciatributaria.gob.es", "www12.agenciatributaria.gob.es", de agora en diante denominados conxuntamente polo termo “web da AEAT ”).
Ten presente sempre que calquera trámite da Axencia Tributaria que implique un pagamento realizarase a través da web da AEAT e en condicións de comercio electrónico seguro.
Por outra banda, a Axencia Tributaria prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos en calquera dos dominios descritos neste Aviso de seguridade.