A través de Internet: páxinas web falsas e phishing
Nos envíos de correos fraudulentos, coñecidos como “phishing”, adoítase facer referencia a un reembolso de impostos inexistente en que a persoa receptora do e-mail sae beneficiada. Para poder dispor do diñeiro hai que acceder a un enderezo web ou encher un formulario en que se deben achegar datos de contas bancarias ou tarxetas de crédito ou débito.
O obxectivo dos delincuentes é roubar á vítima datos persoais ou bancarios, xa for remitíndolle a unha páxina web falsa que suplanta á da Axencia Tributaria ou facéndolle descargar ficheiros con virus.
Ten sempre presente que calquera trámite da Axencia Tributaria que implique un pagamento realizarase a través da web da AEAT e en condicións de comercio electrónico seguro.
O termo “web da AEAT ”é o sitio web da Axencia Tributaria e está composto por:
-
Sede electrónica da AEAT , integrada polos dominios: “sede.agenciatributaria.gob.es" e "*.agenciatributaria.gob.es".
-
Outros dominios utilizados pola AEAT: “*.agenciatributaria.es” e "*.aeat.es".
Por outra banda, indicar que a Axencia Tributaria prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos en calquera dos dominios descritos neste Aviso de seguridade.