Información Tributaria Básica
Teléfono: 91 554 87 70 (accesible tamén a través do 901 335 533)
Horario: De luns a venres, de 9 a 19 horas (ata as 15 horas en agosto).
O servizo telefónico de información tributaria básica facilita información sobre cuestións tributarias e aduaneiras, sobre impostos que configuran o sistema tributario estatal, prazos, modelos, servizos de axuda ou programas informáticos para cubrir declaracións, presentación telemática, ou as cuestións técnicas que propoñan:
- Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e Imposto sobre o Patrimonio
- Imposto sobre Sociedades, Imposto sobre a Renda de Non Residentes, Imposto sobre Sucesións e Doazóns de Non Residentes, Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados de Non Residentes e taxas
- Imposto sobre o valor engadido
- Imposto sobre Actividades Económicas e censos
- Impostos especiais. Impostos Ambientais. Intrastat
- Aduanas
- Cuestións informáticas, portal de Internet ou programas de axuda
- Outras cuestións sobre o sistema tributario estatal