Novidades da campaña por modelo
Detallámosche os modelos que sufriron modificacións para esta campaña.
Modelo 173. Declaración informativa sobre operacións con moedas virtuais.
A Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, modificou a Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para establecer unha nova obriga informativa relativa ás operacións que se efectúen con moedas virtuais.
O desenvolvemento regulamentario desta nova obriga informativa sobre tenza de moedas virtuais encóntrase no novo artigo 39 ter do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado por Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.
Co obxecto de aprobar o modelo necesario para habilitar a presentación desta nova declaración informativa procédese na Orde HFP/887/2023, do 26 de xullo, a aprobar o modelo 173, «Declaración informativa sobre operacións con moedas virtuais», canda os correspondentes deseños de rexistro a través dos que se normaliza a información que hai que subministrar.
Nota: As novidades aprobadas neste modelo son aplicables para o exercicio 2023 (Declaración informativa modelo 172 a presentar en xaneiro de 2024).