Cuestións de interese sobre o IAE
Encontrarás información relativa aos elementos deste imposto
Simultaneidade actividades de fabricación
Se nun proceso de fabricación se exercen simultáneamente distintas actividades de fabricación, xa sexa a preparación ou obtención de materias primas ou produtos intermedios satisfarase a cota máis elevada das que correspondan ás devanditas actividades, máis o 50 % das restantes.
Excepcións:
Cando se trate de producións non incluídas nun mesmo proceso de fabricación.
Cando se fabriquen produtos diversos clasificados na mesma epígrafe.
Cando os produtos, aínda que se integren nun mesmo proceso, se fabriquen en locais distintos.
Cando os produtos intermedios son obxecto de venda.
Produto intermedio:Son aqueles que podendo ser vendidos tal como se obteñen son utilizados totalmente como primeira materia para unha transformación ulterior.