Lugar e forma de presentación do modelo 848
Informámosche cando tes que comunicar o importe neto da túa cifra de negocios e como debes presentar o modelo 848.
Quen debe presentar o modelo 848
O modelo 848 só deben presentaro as entidades suxeitas e non exentas do IAE para consignar o importe neto da súa cifra de negocios. No caso de facer constar o seu importe na declaración do IS , a do IRNR ou no modelo 184 non teñen obriga de presentaro.
Prazo de presentación
A comunicación do importe neto da cifra de negocios presentarase no prazo comprendido entre o día 1 de xaneiro e o día 14 de febreiro, ambos os dous incluídos, do exercicio en que deba producir efecto a devandita comunicación.
Lugar de presentación
O modelo 848 preséntase na Delegación ou Administración da AEAT, ou ben por correo certificado dirixido á Delegación ou Administración da AEAT correspondente ao domicilio fiscal do contribuínte.