Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xullo

140051-TARIFAS. TALLERES E RELATORIOS

As Tarifas do IAE clasifican no epígrafe 933.9 da sección primeira a actividade doutras “actividades “de ensino, tales como idiomas,  corte e confección,  mecanografía,  taquigrafía,  preparación de exames e oposicións e similares,  n.c.o.p.” e no grupo 826 da sección segunda ao “Persoal docente de ensinanzas diversas,  tales como educación física e deportes, idiomas, mecanografía,  preparación de exames e oposicións similares”. A organización de relatorios e coloquios con persoas vinculadas co mundo da cultura  clasifícase no epígrafe 966.9 da sección primeira.

140052-HECHO IMPOÑIBLE. TARIFAS. INTERMEDIACIÓN GRATUÍTA EN ALUGAMENTO VACACIONAL

A actividade desenvolvida por unha persoa física,  sempre que sexa exercida nos termos da regra 3ª.1 da Instrución do IAE,  sen que concorran circunstancias que permitan apreciar a existencia dunha organización empresarial,  consistente na intermediación para o alugamento vacacional ou turístico dun apartamento que non é da súa propiedade,  clasifícase no grupo 799 da sección segunda das Tarifas do IAE ,  “Outros profesionais relacionados coas actividades financeiras,  xurídicas,  de seguros e de alugamentos, n.c.o.p.

140053-TARIFAS. RECARGAS TELÉFONOS MÓBILES EN GASOLINEIRAS

A recarga de móbiles a través de terminais de SOLRED,  empresa coa que se asinará un contrato para comercializar códigos de recarga de produtos prepagamento de telefonía móbil a través de terminais, propiedade de SOLRED,  non se acha comprendida no epígrafe 662.2 senón que se clasifica no epígrafe 969.7 da sección primeiras “Outras máquinas automáticas”.