Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xuño

140859-TARIFAS. FOOD TRACK

Os servizos de restauración de elaboración e venda de hamburguesas, perritos quentes, e patacas fritas, así como a venda de bebidas, cervexas e viños realizados desde un camión restaurante (Food truck) deberán clasificarse no grupo 675 da sección primeira das Tarifas do IAE, “Servizos en quioscos, caixóns, barracas ou outros locais análogos, situados en mercados ou prazas de abastos, ao aire libre na vía pública ou xardíns”.

140861-TARIFAS. CENTRO DE SAÚDE: ALUGAMENTO DE CONSULTAS

Unha entidade, que pretende alugar un local para axeitaro e convertero nun centro de saúde, pactando con distintos profesionais o arrendamento das consultas para o desenvolvemento das súas actividades, deberá darse de alta nas seguintes rúbricas da sección primeira das Tarifas: no epígrafe 861.2, “Alugamento de locais industriais e outros alugamentos n.c.o.p.” e no grupo 859 “Alugamento doutros bens mobles n.c.o.p. (sen persoal permanente)”.