Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xaneiro

141179-TARIFAS. ANIMADORA DE FESTAS

As actividades que leva a cabo unha persoa física que actúa como animadora en festas infantís e como cantante en eventos, clasifícanse nas seguintes rúbricas: Como animadora en festas infantís no Grupo 19 Sección 3ª. Como cantante de eventos habería que incluíra no Grupo 39. Sección 3ª, ou se é a persoa física cantante a que xestiona o evento entón sería no Epígrafe 965.3, Sección 1ª.

141180-TARIFAS. PRESTACIÓN DE SERVIZOS A PUBLICACIÓNS

A actividade realizada por unha persoa física consistente en prestar distintos servizos a unha revista, (conseguir coches, comida, temáticas), deberá clasificarse no grupo 899 da sección segundas “Outras Profesionais relacionadas cos servizos a que se refire esta división”.

141181-TARIFAS. COMERCIO XOGUETES DE 2ª MAN

A actividade de comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas de roupa e efectos ordinarios de uso doméstico, clasifícase no grupo 656, Sección 1ª das Tarifas “Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas de roupa e efectos ordinarios de uso doméstico”.

141182-TARIFAS.COIDADOR/RA DE MENORES NA CASA. CANGURO

A actividade desenvolvida por persoa física consistente na prestación de servizos de coidado de nenos nun fogar habilitado para ese fin enténdese que se trata de servizos de gardaría infantil e clasifícase no Epígrafe 931.1 da Sección Primeira das Tarifas “Gardaría e ensino de educación infantil, exclusivamente”.