Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xaneiro

142973 - TARIFAS-TAREFAS AUXILIARES DE FABRICACIÓN DE CALZADO

A actividade de realizar tarefas auxiliares no proceso de fabricación de calzado, consistentes en forrar tacóns e outros artigos de calzado, dada a súa natureza, reúne as características propias das actividades industriais. Polo tanto, a citada actividade clasifícase no Grupo 451, da Sección primeira das Tarifas relativas á Fabricación en serie de calzado (agás o de caucho e madeira), e máis concretamente no Epígrafe 451.1 que recolle a fabricación de Produtos intermedios para a fabricación de calzado e servizos de acabado.

142974 - TARIFAS-ARQUITECTO REALIZA ACTIVIDADES DE CONSTRUCIÓN

Unha  persoa que está dada de alta previamente como arquitecto e ademais realiza outras actividades de construción, deberá darse de alta, adicionalmente, no epígrafe correspondente que clasifique as actividades de construción. É dicir, no Epígrafe 501.3, ou no Epígrafe 501.1, que lle facultan para realizar actividades de construción.