Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de xuño

143703-TARIFAS - COMERCIO MEDIANTE PLATAFORMA EBAY

As vendas en liña efectuadas a través da plataforma eBay constitúen unha actividade de comercio por xunto e, en consecuencia, a devandita actividade debe ser clasificada no epígrafe ou epígrafes que se correspondan cos artigos obxecto de venda da Agrupación 61 da sección primeira das Tarifas.

143704-TARIFAS - VENDA BEBIDA EN POSTO PROPIO EN GASOLINEIRA ALLEA

O comercio menor mediante postos ou expositores en depósito, clasifícase dentro da Agrupación 66 da Sección 1ª, particularmente no Grupo 664-comercio menor en réxime de expositores en depósito - e máis concretamente no Epígrafe 664.1 - Venda de artigos diversos en expositores.

143705-TARIFAS - ILUSTRADOR PROFESIONAL

A actividade de ilustrador consistente en realizar debuxos, imaxes, pinturas ou diagramas para unha ampla variedade de produtos tales como libros, revistas, manuais, realizada con destino comercial por unha persoa física a título individual, sen dispor dunha estrutura empresarial para o desenvolvemento da mesma, quedaría clasificada no grupo 861 da sección segunda das Tarifas,-Pintores, Escultores, Ceramistas, Artesáns, Gravadores e artistas similares.