Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de marzo

143019 - TARIFAS. ASADO E COCCIÓN DO PAN EN COMERCIOS

Os titulares de establecementos que se encontren tributando por algún epígrafe dos grupos 647 e 662 da sección primeira (agás o epígrafe 647.5), poderán realizar a actividade consistente no quentamento ou a cocción final de pan pre cocido e conxelado, mediante o seu asado, sen ter que figurar dado de alta en ningunha outra rúbrica de fabricación, xa que a devandita actividade non pode considerarse como industrial e áchase plenamente comprendida na súa actividade máis ampla de comercio.

143020 - TARIFAS. PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN OVOS ECOLÓXICOS

O Epígrafe 041.2 da Sección 1ª-Ponedoras de ovos a partir dos catro meses de idade-non faculta para a venda dos ovos fóra da mesma, isto é, en distinto municipio de que se acha situada a referida explotación gandeira. Por iso pola venda de ovos a supermercados e bares nunha instalación situada nun municipio distinto da explotación gandeira onde se producen, deberá darse de alta no Epígrafe 612.4 da Sección 1ª das Tarifas-comercio ao por maior de carnes, produtos e derivados cárnicos elaborados, ovos, aves e caza-.

14302 - FEITO IMPOÑIBLE. GRANXA DE GALIÑAS

A actividade desenvolvida que consiste en acoller na súa granxa, galiñas reprodutoras propiedade dun terceiro, non está suxeita ao IAE, por tratarse dunha actividade gandeira dependente, de conformidade co que se dispón na Regra 3ª.3 da Instrución de gandaría independente e na nota común 2ª da División 0 da Sección 1ª das Tarifas.