Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de marzo
144390-TARIFAS - AZAFATAS DE VOOAs azafatas, auxiliares de voo, tripulación de cabina e sobrecargos de voo, persoas físicas que exercen a súa actividade por conta propia (regra 3ª.3 da Instrución), clasifícanse no grupo 699 de lasección segunda das tarifas,-Outros profesionais relacionados co transporte e as comunicacións n.c.ou.p-.
144391-TARIFAS-AZAFATA DE CONGRESOSAs azafatas de congresos, persoa física que exercen a súa actividade por conta propia (regra 3ª.3 da Instrución), clasifícase no grupo 899 da sección segunda das tarifas, - Outros profesionais relacionados cos servizos a que se refire esta división-.
144430-TARIFAS-ALQUILER TERREO PARA INSTALAR PUNTOS DE RECARGAA clasificación da actividade de alugamento de terreos dependerá da cualificación que teña o terreo que vai ser obxecto de arrendamento (urbano ou rústico). Se se trata dun terreo de natureza urbana, o arrendamento deste tipo de terreo a unha empresa dedicada ao desenvolvemento de infraestruturas de recargas de vehículos eléctricos para instalar uns puntos de recarga clasificarase no epígrafe 861.2,-Alugamento de locais industriais e outros locais n.c.o.p.-. Se se trata dun terreo de natureza rustica, clasificarase no grupo 862,-Alugamento de bens inmobles de natureza rústica-, ambos os dous da sección primeira.