Saltar ao contido principal
Novidades de IAE

Novidades publicadas no INFORMA durante o mes de outubro

146070 - TARIFAS-CONDUTOR DE CARRETAS TIRADAS POR BOIS

A actividade profesional de condutor de carretas tiradas por bois clasificarase no grupo 612 da sección segunda,-Condutores de vehículos terrestres-, sempre que o condutor non sexa o propietario da carreta.

146071 - TARIFAS-SERVIZOS INTERMEDIACION E ADMINISTRATIVOS

A actividade consistente en prestar servizos de intermediación entre ofertantes e demandantes, proporcionando candidatos no proceso de contratación para prestar servizos domésticos, deberá clasificarse no grupo 974 da sección primeira -Axencias de prestación de servizos domésticos-. A xestión das altas na Seguridade Social e a confección dos contratos de traballo, deberá  clasificarse no epígrafe 849.7 da sección primeira,-Servizos de xestión administrativa-.