Novidades publicadas no INFORMA 2018
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de xullo
140970-TARIFAS.EPÍGRAFE 251.3 FABRICACIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS INORGÁNICOSPara os períodos impositivos que se inicien a partir de 5 de xullo de 2018 enuméranse as actividades que se clasifican na Epígrafe 251.3 “Fabricación de produtos químicos inorgánicos (inclúe a fabricación de gases industriais, agás gases comprimidos)” da sección primeira das Tarifas.
140971-TARIFAS.EPÍGRAFE 253.1 FABRICACIÓN DE GASES COMPRIMIDOSPara períodos impositivos que se inicien a partir de 5 de xullo de 2018 aclárase que gases teñen a consideración de gas comprimido.
140968-FACULTADES.SERVIZO DE CASHBACKAs entidades financeiras clasificadas nos grupos 811 e 812 da sección primeira das Tarifas poden, dende 5 de xullo de 2018, prestar aos clientes o servizo combinado de retirada de efectivo e pagamento polos bens e servizos adquiridos.
140969-TARIFAS.SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A.Para os períodos impositivos que se inicien a partir de 5 de xullo de 2018 elimínase a redución do 50 por cento da cota en favor da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.