Novidades publicadas no INFORMA 2018
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de maio
140834-TARIFAS.FABRICACIÓN DE PRINCIPIOS ACTIVOS PARA COSMÉTICOSA actividade consistente na fabricación de ingredientes activos para cosméticos debe clasificarse na epígrafe 253.6 da sección primeira das Tarifas “Fabricación de aceites esenciais e de substancias aromáticas, naturais e sintéticas”, por aplicación do procedemento establecido na regra 8ª da Instrución para a aplicación das Tarifas do IAE, aprobadas ambas as dúas polo RDL 1175/1990.
140836-ELEMENTOS TRIBUTARIOS.CÓMPUTO ELEMENTOS ENERXÉTICOS NA FABRICACIÓN DE MEDICAMENTOSA epígrafe 254.2 da sección primeira das Tarifas que clasifica a actividade de “Fabricación de especialidades e outros produtos farmacéuticos”, ten sinalada unha cota constituída por kilowatios de potencia instalada no equipo fabril directamente afecto á produción.Polo tanto, a maquinaria utilizada na instalación fabril para os efectos do seu cómputo polo elemento tributario potencia instalada só computará se este directamente afecta a produción de especialidades farmacéuticas.
140839-ELEMENTOS TRIBUTARIOS.INDUSTRIA LÁCTEA QUE FABRICA OS SEUS ENVASESUnha entidade que exerce a actividade da epígrafe 414.1 da sección 1ª das Tarifas “Preparación de leite” e fabrica os seus propios envases non debe incluír no elemento tributario potencia instalada a correspondente aos motores utilizados na fabricación dos seus envases por constituír actividades diferenciadas para os efectos do IAE.
140835-TARIFAS.ELABORACIÓN DE COMIDASSe unha persoa física elabora comidas no domicilio dos clientes para determinados colectivos, entre os que cabe citar os chamados servizos de restauración social ou mesmo para o servizo de catering, a devandita actividade se clasificará na epígrafe 677.9 da sección primeira das Tarifas “Outros servizos de alimentación propios da restauración”. Si pola contra, elabora comidas que non estean destinadas a colectivos nin ao servizo de catering, a devandita actividade clasificarase no grupo 599 da sección segunda das Tarifas “Outros profesionais relacionados co comercio e a hostalaría, n.c.o.p."