Adquisicións «mortis causa». Modelo 650
Adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio, e percepción de cantidades polos beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario.
Documentación que hai que achegar
Documentación obrigatoria:
-
Orixinal e copia simple da escritura de aceptación de herdanza.
-
De non o haber, o inventario de bens e herdeiros, por duplicado, no que se sinalen os datos identificativos do causante e os herdeiros, a designación dun domicilio para os efectos de notificacións, relación detallada dos bens e dereitos obxecto da herdanza con expresión do seu valor na data de falecemento, así como das cargas, débedas e gastos cuxa dedución se solicita.
-
Copia do certificado de defunción.
-
Copia do certificado do Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade.
-
Copia do testamento ou da declaración de herdeiros.
-
Poder de representación (obrigatorio no caso de suxeitos pasivos non residentes, art. 47 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e do art. 18.4 do RD 1629/1991, Regulamento do Imposto sobre Sucesións e Doazóns). Para iso poden utilizar o modelo de representación nos procedementos iniciados a instancia dos contribuíntes , que deberá ser achegado canda a Autoliquidación (Non fotocopia ). Na representación deberá facerse constar expresamente, que a mesma faculta para actuar ante a Administración Tributaria en relación con todas as súas obrigas polo Imposto de Sucesións e Doazóns.
-
Copia do Número de Identificación Fiscal (NIF) dos herdeiros e do representante fiscal, se é o caso.
Outra documentación que deberá entregar, se for o caso:
-
Copia do recibo do IBI (imposto sobre bens inmobles), e do título de adquisición dos inmobles, ou, de non o haber, nota simple rexistral.
-
Copia dos contratos de seguro, ou certificado da entidade aseguradora.
-
Certificado do banco con expresión dos saldos das contas e/ou valores depositados, na data de falecemento.
-
Xustificación documental das cargas, gravames, débedas e gastos que sexan deducibles, así como da idade dos herdeiros.
-
Copia da documentación dos vehículos obxecto da herdanza (ficha técnica, permiso de circulación).
-
Acreditación documental da discapacidade do contribuínte con certificado emitido polo organismo competente.
-
Acreditación documental do valor teórico das participacións no capital de entidades xurídicas cuxos títulos non coticen en Bolsa, debendo achegar para iso certificado do administrador da entidade en que se indique o número de participacións da entidade (distinguindo no caso de que teñan distintos valores nominais), o número de participacións propiedade do causante e o valor teórico de cada participación. Debendo xustificarse o valor teórico asignado a cada participación.
-
Copia do Certificado do Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento