ITP e AJD - Transmisións, dereitos reais, préstamos, fianzas, arrendamentos, constitución de pensións ou concesións administrativas (Modelo 600)
Encontra toda a información relativa ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP e AJD) naqueles supostos cuxa competencia corresponda a Ceuta e Melilla
Transmisións patrimoniais onerosas (TPO). (Agás vehículos usados)
A modalidade sobre Transmisións Patrimoniais Onerosas deberá autoliquidarse cando se realicen transmisións retribuídas e inter vivo de toda clase de bens e dereitos que integren o patrimonio das persoas físicas ou xurídicas, así como a constitución de dereitos reais, préstamos, fianzas, arrendamentos, pensións e concesións administrativas.
Este imposto non grava as operacións descritas cando a transmisión se realice por empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional.
A competencia corresponde ao Estado cando, segundo as regras de atribución do rendemento, este non se considera producido no territorio de ningunha CCAA
Polo tanto, deberán autoliquidar polo modelo 600 nas Delegacións de Ceuta e Melilla pola modalidade de Transmisións Patrimoniais Onerosas (TPO):
-
Os que adquiren ou arrenden a título oneroso un ben inmoble radicado en Ceuta ou Melilla.
-
Os adquirentes de dereitos reais sobre bens inmobles radicados en Ceuta ou Melilla.
-
Os adquirentes a título oneroso dun ben moble, semovente ou créditos cando teñan a súa residencia habitual (persoas físicas) ou domicilio fiscal (persoas xurídicas) en Ceuta ou Melilla.
-
Os que adquiran dereitos reais sobre bens mobles, semoventes ou créditos cando teñan a súa residencia habitual ou domicilio fiscal en Ceuta ou Melilla.
-
Os adquirentes na transmisión de valores cando a operación se formalice en Ceuta ou Melilla.
-
O prestameiro, acredor afianzado, arrendatario ou pensionista respectivamente dun préstamo, fianza, arrendamento ou pensión cando teñan a súa residencia habitual ou domicilio fiscal en Ceuta ou Melilla.
-
Os concesionarios sempre que a concesión radique en Ceuta ou Melilla.
Lembra, nos supostos anteriores, o artigo 57 bis do Texto Refundido do Imposto establece unha bonificación do 50 %sobre a cota derivada da aplicación da modalidade de Transmisións Patrimoniais Onerosas.
LUGARES E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
A autoliquidación do Imposto realízase no Modelo 600 e ingrésase nunha entidade colaboradora, se a cota é “a ingresar”.
O prazo para autoliquidar e, se é o caso, ingresar o imposto é de 30 días hábiles desde que se celebre o acto ou contrato.
O interesado debe autoliquidar o Modelo 600 da Axencia Tributaria nas Delegacións de Ceuta e Melilla, para o cal deberá obter Asistencia e Cita no servizo 134:
Debe presentar o Modelo 600 (exemplar para a Administración), unha vez pago en entidade colaboradora se o resultado é “a ingresar”, canda o documento (orixinal e fotocopia) en que conste ou relaciónese o acto ou contrato que orixine o tributo, devolvendoselle selado o documento orixinal.
En caso de exención o contribuínte debe acudir igualmente á Delegación de Ceuta ou Melilla correspondente para a presentación e selado do modelo e acto e contrato que orixine o tributo.