Que é unha compensación
Quero saber que é unha compensación
É unha forma de extinción das débedas tributarias. Así, as débedas tributarias poderán extinguirse, total ou parcialmente, por compensación con créditos recoñecidos a favor do mesmo debedor, podendo acordarse de oficio ou a instancia do debedor.
A compensación é un procedemento que se utiliza para aplicar a débedas, ou a autoliquidacións, algún pagamento/s que a Administración teña que facer a un debedor. A maioría das compensacións fanse sobre devolucións acordadas pola Axencia Tributaria, pero tamén se poden aplicar devolucións ou pagamentos doutros organismos para aplicaros ás débedas que xestiona a Axencia Tributaria.
Cando as débedas son de Administracións Públicas fálase de Dedución sobre transferencias.