Que é unha derivación de responsabilidade ou unha sucesión?
Coñece como funciona a esixencia de débedas a terceiros a través dos procedementos de derivación de responsabilidade e dos requirimentos de pagamento a sucesores
Responsabilidade.
A derivación de responsabilidade é o procedemento iniciado por parte da Administración para reclamar o pagamento das débedas e sancións pendentes, tanto tributarias coma non tributarias, ás persoas ou entidades ás que a normativa tributaria considera responsables como consecuencia de realizar determinadas actuacións ou comportamentos regulados na Lei.
Se o procedemento termina coa declaración de responsabilidade, o responsable deberá facer fronte ao pagamento das débedas e as sancións se é o caso, polas que fose declarado responsable, canda o debedor principal.
Sucesión.
O procedemento fronte a sucesores é aquel utilizado pola Administración para esixir o pagamento das débedas e, se é o caso, sancións pendentes dunha persoa física falecida ou dunha entidade disolta ou liquidada aos herdeiros ou aos partícipes, socios, cotitulares ou destinatarios de bens pertencentes á entidade, respectivamente.
Se o falecido é unha persoa física en ningún caso transmitiranse as sancións.