Recursos
Informámoste sobre as posibilidades de impugnación dunha dilixencia de embargo
Debes ter en conta que contra a dilixencia de embargo só serán admisibles os seguintes motivos de oposición:
Extinción da débeda ou prescrición do dereito a esixir o pagamento.
Falta de notificación da providencia de prema.
Incumprimento das normas reguladoras do embargo contidas nesta lei.
Suspensión do procedemento de recadación.
Unha vez notificada a dilixencia de embargo, se o debedor non está conforme e desexa recorrer, deberá optar, no prazo máximo dun mes contado dende o día seguinte ao de recepción desta notificación, entre presentar:
Un recurso de reposición, ante o órgano que ditou este acto mediante escrito que expresará as razóns polas que non está conforme con este, e a mención de non ter presentado reclamación económico administrativa.Deberá conter, ademais, a seguinte información:
O seu nome ou razón social e NIF, e en caso de que actúe a través de representante, tamén o nome e NIF deste.Se desexa que as notificacións que se produzan con relación ao recurso se dirixan a lugar distinto ao seu domicilio fiscal, indique o domicilio ao que queira que se dirixan.
O acto que recorre, a súa data e o número de expediente.
O lugar, data e firma.
Se necesita coñecer o expediente para poder manifestar as razóns polas que non está conforme co acto, poderá acudir á oficina arriba indicada onde se lle poñerá á súa disposición.
Unha reclamación económico-administrativa, mediante escrito dirixido ao Órgano que ditou este acto, que deberá conter, polo menos, a información arriba indicada.Esta reclamación económico-administrativa será resolta polo Tribunal Económico-Administrativo competente, órgano independente da AEAT.