Saltar ao contido principal
Desde cando hai impostos?
Procesando...

Glosario

  • Alcabala: Tributo que pagaba o forasteiro polos xéneros que vendía.

  • Almojarifazgo: Dereito que se pagaba polos xéneros ou mercadorías que saían do reino, polos que se introducían nel , ou por aqueles con que se comerciaba dun porto a outro dentro de España.

  • Décimo: Imposto que consiste nunha décima parte dos froitos ou produtos da terra. Foi eclesiástico – coas “primicias ”- e en España suprimiuse en 1837.

  • Gabela: Imposto que se pagaba cada vez que se compraba ou vendía algo.

  • Pontazgo: Dereitos que se pagan nalgunhas partes para pasar polas pontes.

  • Portazgo: Dereitos que se pagan por pasar por un sitio determinado dun camiño.

  • Puertas (Dereito de) : O que se pagaba pola entrada de produtos e mercadorías nas poboacións e que viñan a ser unha imposición sobre o consumo. Recadábase en oficinas de consumos ou “aduanas interiores”. Constituía un obstáculo para a libre circulación de mercadorías e servizos.

  • Regalías: Dereitos ou tributos que cobraban os reis pola cesión do aproveitamento de determinados bens (augas, montes, salinas, mina, caza, etcétera) e por autorizar o exercicio de industrias ou actividades polos particulares. Máis tarde veñen a confundirse coas taxas dos nosos días. Esta acepción financeira da “regalía” non debe confundirse coa prerrogativa do rei en certos asuntos relixiosos fronte á autoridade eclesiástica.

  • Renda estancada: A que procede dun artigo cuxa venda exclusiva resérvase o Goberno.