Saltar ao contido principal
Desde cando hai impostos?

Un exercicio de simulación: Educación para a comunidade

Área : Interdisciplinar. Tipo : Grupal. Nivel : Terceiro ciclo de Educación Primaria

  • Formades unha vila grega ou chinesa ou maia (elixide o que queirades).

  • Investigade a súa organización social e nomeade por consenso ou sorteo as distintas funcións que existían. As funcións determinadas serán desempeñadas por un pequeno grupo.

  • Cómpre para a supervivencia realizar unha obra en común. É imprescindible e urxente. (Por exemplo, a construción dunha ponte ou unha estacada defensiva).

  • Todos deben contribuír. Indicade como cada un debe contribuír á tarefa común. Plasmadeo graficamente nun mural.