A Idade Moderna
Cando os señores feudais foron sometidos polos reis e as vilas e territorios uníronse para formar grandes nacións, comezou unha nova época, a Idade Moderna, que en España se inicia cos Reis Católicos (séculos XV e XVI). Durante este tempo, os reis intentan construír Estados fortes con Facendas Públicas máis ricas.
As guerras entre os Estados seguen ocasionando grandes gastos, pero tamén a Administración pública, o aumento da poboación e o crecemento das cidades. Para pagar todo isto non abondaba cos impostos directos que pagaban os propietarios das terras, senón que houbo que crear moitos impostos indirectos, sobre todo, para gravar o consumo.
Estableceuse un imposto sobre o papel selado para os documentos oficiais e sobre a fabricación e venda de sal, chumbo, tabaco, etc (rendas estancadas ). Xunto a estes recursos, hai que ter en conta a importancia que en España tivo, tras o descubrimento e conquista de América, a chegada de gran cantidade de metais preciosos (ouro e prata).
Ademais, a xente foi dandose cada vez máis conta da necesidade de defender os seus dereitos. En España houbo unha revolta popular moi importante, a dos Comuneiros de Castilla (século XVI), que estivo motivada, en boa parte, polo malestar polos novos impostos que se estableceron á chegada do emperador Carlos V.