Nómadas: cazadores e recolectores. Transición á vida sedentaria
Os homes primitivos e as mulleres primitivas que habitaban a Terra alimentábanse de plantas que recollían, de animais que cazaban e de peixes que pescaban.
Outra necesidade que tiñan era a de abrigarse coas peles dos animais e a de refuxiarse nas covas para protexerse do frío, a neve, a chuvia e incluso resgardarse dos ataques dos animais salvaxes.
Cando as plantas, a caza ou a pesca dun lugar esgotábanse, aquelas persoas desprazábanse ou emigraban a outra zona ou rexión en que houbese abundantes alimentos. Pero un bo día decatáronse de que podían cultivar plantas ou criar animais sen ter que emigrar a outros lugares. Así, fixéronse agricultores e gandeiros sedentarios, é dicir, deixaron de desprazarse para satisfacer as súas necesidades básicas. Iso deu lugar a poboacións, con necesidades de protexerse (soldados, murallas …), de ter servizos (auga, seguridade interna...). Prestacións que custan diñeiro e que é recadado polo gobernante para empregaro no mantemento destes servizos.
O concepto de diñeiro evolucionou ao longo da historia da Humanidade. Ao principio, as persoas intercambiaban o que cada unha producía; así, por exemplo, o mariñeiro dáballe peixe ao agricultor e, a cambio, o agricultor dáballe froitas e hortalizas ao mariñeiro. Como non sempre o ben que necesitaba unha persoa éralle entregado a cambio do que el mesmo producía e podía darlle, inventouse o diñeiro co que se pode adquirir calquera cousa e que vale para cambiaro polo que sexa; así comezou o comercio.