Saltar ao contido principal
Que impostos hai?

Características do IRPF

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é unha peza clave dos sistemas fiscais modernos. A través del búscase particularmente a aplicación dos principios de capacidade económica, equidade, xustiza e redistribución da riqueza.

O IRPF constitúe un imposto directo que recae sobre a obtención da renda, como manifestación inmediata da capacidade económica dos cidadáns, pois considérase que a renda de cada persoa é indicativa do seu grao de benestar e, polo tanto, permite determinar cal ten que ser a contribución de cada un ao sostemento dos gastos públicos.