Saltar ao contido principal
Que impostos hai?
Procesando...

Sobre o IRPF

  • Deducións: Son cantidades que minoran a cota a pagar por un imposto. No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, as deducións réstanse da cantidade resultante tras aplicar a escala e tipos de gravame. Estas deducións son as establecidas pola Lei en supostos como o das nais traballadoras con nenos menores de tres anos ou no caso de familias numerosas ou persoas con discapacidade a cargo e as deducións por donativos. As Comunidades Autónomas poden tamén establecer determinadas deducións.

  • Exencións: Consisten en que, en determinados supostos, a pesar de que se producen os feitos que dan lugar a que deba pagarse un imposto, non xorde o deber de tributar por habero establecido así a Lei. No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas están exentos, por exemplo, determinados premios literarios, artísticos ou de azar, as prestacións do Estado por actos de terrorismo ou determinadas bolsas.

  • Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): É un imposto directo que se aplica sobre a obtención da renda como manifestación inmediata da capacidade económica dos cidadáns, atendendo aos principios de igualdade, xeneralidade e progresividade e de acordo coas circunstancias persoais e familiares das persoas.

  • Mínimo persoal e familiar: É a cantidade de diñeiro que todos necesitamos para poder vivir dignamente como persoas e poder pagar as nosas necesidades básicas e que, por iso, non tributa no IRPF. Esta cantidade varía segundo as circunstancias persoais e familiares do contribuínte.

  • Renda Web: É o servizo de axuda que pon a Axencia Tributaria a disposición dos contribuíntes para que poidan confeccionar a súa renda directamente a través da páxina web da propia Axencia Tributaria.

  • Reducións: Son cantidades que minoran a base impoñible do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Establécense pola Lei e, entre elas, poden citarse as seguintes: por rendementos do traballo, por coidado de fillos, por idade, por discapacidade, por achegas a plans de pensións.

  • Renda: É o obxecto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Enténdese que está constituída pola totalidade dos rendementos (do traballo, de actividades económicas e do capital), e polas ganancias e perdas patrimoniais.

  • Retencións: Son cantidades que os pagadores de determinadas rendas están obrigados pola Lei que hai que detraer desas rendas que pagan e ingresaras en Facenda, en concepto de ingreso a conta do imposto persoal que os preceptores das rendas teñen que pagar. No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas as empresas teñen que efectuar todos os meses esas retencións sobre o soldo que pagan aos empregados. Cando chegue o momento de facer a súa declaración, os empregados descontarán esas cantidades retidas do que teñen que ingresar polo Imposto. Tamén os bancos e caixas de aforro aplican retencións sobre os intereses que pagan ás persoas que teñen abertas contas correntes ou de aforro. Igualmente, os profesionais e os empresarios realizan ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que cando fan a súa declaración do IRPF descóntanse da cantidade final que resulte.