O IVE razoado. O IVE en mural
Área : Interdisciplinar. Tipo : Grupal. Nivel : Terceiro Ciclo de Educación Primaria
-
Faise entre todos unha lista dos artigos e servizos que os alumnos vaian dicindo e escríbese no encerado. Porase ao lado de cada un o tipo do IVE (xeral, reducido, superreducido ou sen IVE) que lles corresponde. Logo, os alumnos explican por que cren que unhas cousas teñen que pagar máis ou menos IVE que outras ou non pagar nada e tamén opinan se en tal ou cal caso parécelles que o imposto debería ser máis alto ou máis baixo ou non existir. Os tipos de IVE recóllense nos artigos 90 e 91 da Lei do IVE.
-
Os profesores levan clase fotografías sacadas de revistas e xornais de cousas que se poden comprar e entréganas aos alumnos que formaron grupos para que as peguen en cartolinas e poñan debaixo o IVE que cren que debería pagarse por cada unha, o xeral, reducido ou superreducido.