Teatro no IVE
Área : Lingua Castelá e Literatura. Interdisciplinar. Tipo : Grupal. Nivel : Terceiro Ciclo de Educación Primaria
-
En clase faise unha dramatización con dúas escenas e dous personaxes cada unha que poden representar os alumnos. Na primeira escena o personaxe 1 fai unha reparación nunha casa e, ao terminar, pide ao personaxe 2, que é a persoa dona da casa, que lle pague e ofrécelle rebaixarlle o prezo se non lle cobra o IVE e non lle dá factura. O personaxe 2 acepta para aforrarse o diñeiro.
-
Na segunda escena o personaxe 1 fai a mesma oferta, pero o personaxe 2 rexeítaa e esixe a factura co IVE.
-
Despois haberá un debate, preguntando aos nenos que comportamentos consideran correctos e cales incorrectos. Se non se paga o IVE éstáse prexudicando ou enganando alguén? Se non se pide factura que pode ocorrer?