Saltar ao contido principal
Que impostos hai?

O imposto da Renda (IRPF)

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é o máis coñecido. Este é un imposto que se paga segundo o diñeiro que se gaña. Así, o que gana máis paga máis e o que gana menos paga menos e, incluso, as persoas que teñen só o xusto para poder vivir, non pagan nada.

Pero hai outras cuestións interesantes que debemos saber acerca do Imposto sobre a Renda.

Neste imposto considérase que hai unha cantidade mínima de diñeiro que todos necesitamos gastar para poder vivir dignamente e cubrir as necesidades básicas. Pois ben, por esa cantidade non hai que pagar o Imposto sobre a Renda. Ademais, esa contía mínima é maior para as persoas que teñen fillos, xa que deben alimentaros, comprarlles roupa, libros, xoguetes... Non hai que esquecer que os nenos son moi importantes para o país e por iso axúdase as persoas que os teñen, de xeito que paguen menos impostos, para que poidan dedicar máis diñeiro a coidar deles .

Outro dato importante é que o Imposto sobre a Renda ten “descontos” (reducións, deducións), que son cantidades que poden restar as persoas que teñen uns determinados gastos. Entre estes descontos hai un para as nais que teñen nenos menores de 3 anos, para axudaras poder pagar unha gardaría ou a outra persoa que os coide mentres os pais están traballando. As persoas que aforran para cando sexan maiores e xubílense (plans de pensións) tamén poden restar unha cantidade por eses aforros. E se fixemos donativos para axudar organizacións que se ocupan das persoas máis necesitadas (Cruz Vermella, Médicos sen Fronteiras, Cáritas), podemos igualmente descontar unha parte dese diñeiro que demos.

Ademais deses descontos que establece o Estado para todos os españois, as Comunidades Autónomas poden establecer outros para as persoas que vivan en cada unha delas .

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas págase todos os anos, pero non hai que ingresaro de golpe, senón que se vai facendo aos poucos, a prazos, xa que se pon cada mes unha parte do soldo que a xente gana. Cada ano, entre abril e xuño, fanse as contas: súmase todo o que gañamos, réstanse os descontos ou gastos que tivemos e o que fomos pagando mes a mes, e se o resultado dinos que aínda nos falta algo por pagar, pagámolo; pero se ingresamos de máis, nos devólveno.

Así pois, o Imposto sobre a Renda é un imposto que intenta ser moi xusto, ao ter en conta as diferenzas que hai entre as persoas, pois unhas gañan máis e outras menos, unhas teñen fillos e outras non. Unhas teñen uns gastos e outras non. Deste xeito, o Imposto contribúe tamén a que as desigualdades entre as persoas sexan menores, pois, aínda que uns paguen máis porque teñen máis e outros paguen menos porque teñen menos, todos temos o mesmo dereito a gozar das estradas, os parques, os hospitais, os colexios e os demais servizos públicos.