O pagamento adiado
Área : Interdisciplinar. Educación en Valores Cívicos e Éticos. Tipo : Grupal. Individual. Nivel : Primeiro Ciclo de ESO
-
Pregúntase aos alumnos se lles parece ben que o IRPF se pague a prazos mediante as retencións que se realizan sobre o soldo cada mes ou se cren que sería preferible que se pagase todo dunha vez. Hai que xustificar a opinión. Pódese comparar coas vendas de bens e servizos a prazos: a vivenda, o coche, un electrodoméstico, as vacacións do verán.
-
Por que a xente prefire pagar certas cousas aos poucos e non dunha vez? O mesmo acontece co Imposto sobre a Renda.
-
Cada alumno responderá por escrito e despois poranse en común as respostas de todos.