Suposto do IRPF: Que suma e que resta?
Área : Interdisciplinar. Educación en Valores Cívicos e Éticos. Sentido da xustiza distributiva. Tipo : Grupal. Individual. Nivel : Primeiro Ciclo de ESO
Que suma e que resta?:
-
É unha familia con tres fillos de 13 anos o maior, 10 anos a mediana e 1 ano a pequena.
-
Tanto o pai coma a nai traballan fóra de casa e cobran soldos mensuais, de que lles retiveron unha parte todos os meses para o imposto.
-
Viven nunha casa comprada que aínda non terminaron de pagar.
-
Teñen unha conta de aforro que produciu intereses.
-
Fan achegas a un plan de pensións.