Saltar ao contido principal
Que impostos hai?

Actividades económicas, medio natural e impostos

Área : Xeografía e Historia. Tipo : Grupal. Nivel : Segundo Ciclo de ESO

  • Organizade a clase en grupos de 4 ou 5. Cada grupo deberá investigar unha actividade económica e analizará se inflúe negativamente esa actividade no medio natural e como. Cada grupo establecerá, despois da análise unhas conclusións e proporá unha serie de medidas fiscais que pretendan paliar eses efectos nocivos: por exemplo, crear un imposto especial para empresas contaminantes ou exencións fiscais para outras empresas limpas, etc. Presentarase a descrición desa actividade, a análise e as conclusións un mural.

  • As actividades económicas que se poden analizar, entre outras, son:

    • Unha fábrica de pinturas.

    • Unha canteira.

    • Un invernadoiro para producir flores durante todo o ano.

    • Un barco conxelador de pesca.

    • O trazado dunha vía da AVE.

    • Un supermercado aberto 24 horas no medio da cidade.

    • Unha rede de distribución eléctrica.