O IVE nas facturas
Área : Xeografía e Historia. Tipo : Individual. Pequeno grupo. Nivel : Segundo Ciclo de ESO
Pídese aos alumnos que durante unha serie de días garden todos os comprobantes do que compren, que fagan o mesmo se acompañan os seus pais de compras e tamén que pidan na casa e recollan tickets e facturas de compras de bens e servizos. Despois deberán clasificaros segundo que apareza o IVE analizado ou ben estea comprendido no prezo e tamén, nos casos en que figure, de acordo co tipo do IVE aplicado.