Progresividade do IRPF
Área : Matemáticas. Tipo : Individual. Nivel : Segundo Ciclo de ESO
Entrégase aos alumnos unha copia da escala de gravame do IRPF e os datos sobre ingresos de dous contribuíntes “anónimos” con idénticas circunstancias persoais e familiares, un dos que obtivo o dobre de ingresos que o outro, a fin de que apliquen a ambos os dous a devandita escala e poidan así comprobar que o contribuínte que gañou o dobre non paga o dobre de impostos que o outro senón máis do dobre.