Os tributos no cine: Os intocables
Área : Interdisciplinar. Tipo : Grupal. Nivel : Segundo Ciclo de ESO
Os intocables de Eliot Ness (1987) (non recomendada para menores de 13 anos) é unha película dirixida por Brian de Parma, cuxos principais intérpretes son Kevin Costner, Sean Connery, Charles Martin Smith e Robert de Niro. A análise desa película permite falar sobre produtos de distribución regulamentada como o alcohol, o tabaco, os medicamentos e os impostos especiais que lles afecta. Ademais introduce o tráfico ilegal de substancias, no caso da película o alcohol; pódese traspor o problema a outros produtos como os estupefacientes e o tráfico ilegal de tabaco.
-
Pódese orientar sobre os seguintes temas:
-
O alcohol é unha droga que nas sociedades occidentais está regulamentado o seu uso por lei. É un produto daniño que provoca nalgúns casos unha adicción que se chama alcoholismo. A intoxicación aguda é a borracheira. Comentar en que afecta os mozos o consumo prematuro e abusivo de bebidas alcohólicas (educación para a saúde).
-
Que é a lei seca? Por que cres ti que os lexisladores pensan en prohibir ou reducir o consumo de bebidas alcohólicas? Que outras substancias teñen unha regulamentación restritiva? Que institucións encárganse en España de velar polo uso legal deses produtos de consumo?
-
O grupo de Eliot Ness é un grupo especial dedicado a combater a importación ilegal deses produtos. Buscar paralelismos na actualidade de situacións semellantes en España, Europa ou América. Con que produtos non se pode comerciar na actualidade?
-
-
Tamén se pode orientar a actividade cara a dous aspectos: un individual (eses produtos son nocivos-conectamos coa educación para a saúde); outro social (dana á sociedade, produce efectos sociais moi daniños, necesítanse moitos recursos para tratar os seus efectos, tanto sanitarios coma sociolaborais).