Saltar ao contido principal
Que son as aduanas?

A Aduana e o control das especies en perigo de extinción

O Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) regula o comercio internacional de animais e plantas en perigo de extinción (estas especies aparecen relacionadas no propio Convenio). Este Convenio esixe, para que o comercio destas especies sexa legal, unha serie de permisos e certificados que teñen que verificarse pola Aduana antes de autorizar que as mercadorías entren ou saian dun país.

España forma parte do Convenio CITES desde o 16 de maio de 1986. As autoridades administrativas competentes para a expedición deses permisos e autorizacións son o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, o Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A Aduana, en virtude da especie coa que se queira comerciar, deberá comprobar toda a documentación que acompaña o animal ou planta protexida, como é o permiso de importación ou exportación que expide Comercio Exterior ou a autoridade competente do país de que se trate. Tras verificaro, a Aduana procederá a diligenciarlo e devolvero ao organismo de orixe.

En caso de incumprirse os requisitos necesarios para un comercio lícito, a Aduana poderá comisar os espécimes de fauna e flora silvestre e iniciar un expediente sancionador por comisión dunha infracción ou un delito de contrabando, segundo sexa a gravidade da operación realizada.