Saltar ao contido principal
Que son as aduanas?

A Aduana e a protección da propiedade intelectual e industrial

A Aduana tamén ten encomendada a protección en fronteira dos dereitos de propiedade intelectual (dereitos de autor) e industrial (marcas) na comercialización dos seguintes produtos:

  • Mercadorías con usurpación de marca, é dicir, mercadorías en que aparece ou ben unha marca idéntica ou ben unha marca que non poida distinguirse nos seus aspectos esenciais doutra debidamente rexistrada para o mesmo tipo de mercadoría, producindo confusión no consumidor. Isto mesmo aplícase respecto dos signos da marca (logotipo, etiqueta, folletos, manual de emprego, documento de garantía, etc.) e respecto dos embalaxes en que figuren marcas das mercadorías

  • As mercadorías piratas, é dicir, as mercadorías que sexan copia doutras debidamente rexistradas e que sexan producidas sen o consentimento do lexítimo titular do dereito (Top manta).