Contrabando e branqueo de capitais
Cando se incumpren as normas que regulan a actividade descrita anteriormente, prodúcense infraccións administrativas ou delitos, segundo sexa a gravidade das condutas observadas, que reciben a denominación xenérica de contrabando.
Entre os distintos tipos de contrabando pódense citar:
-
Tráfico de substancias ou artigos cuxa posesión está prohibida (drogas, armas, etc..).
-
Tráfico ilícito de mercadorías que, pola súa natureza, precisen de controis moi específicos (animais, obras de arte, etc...).
-
Entrada excesiva de artigos cuxa cantidade permitida está restrinxida ao uso persoal (tabaco, alcohol, etc.).
Como consecuencia destas actividades ilícitas xéranse fondos que logo tratan de ser utilizados legalmente, a través do que se coñece como "branqueo de capitais". Para evitar o "branqueo de capitais" establécense normas para os bancos e demais entidades financeiras para que identifiquen os clientes, controlen as operacións, etc.