Saltar ao contido principal
Que son as aduanas?

Glosario

  • Arancel de aduanas: Cantidade que se paga cando as mercadorías atravesan unha fronteira. Non só ten unha función recadadora senón tamén unha función de política comercial. Na Unión Europea, a cantidade que se paga por arancel de aduanas cando se importa ou exporta unha mesma mercadoría é igual en todos os países da Unión.

  • Branqueo de capitais: Actividade ilegal consistente en tratar de converter en diñeiro legal, os beneficios de actividades delituosas ou irregulares, a través de compras, investimentos, operacións financeiras, que introduzan tales beneficios na economía legalizada.

  • Despacho a libre práctica: Concesión a unha mercadoría que entra no Territorio Aduaneiro da Unión do estatuto de "mercadoría comunitaria", o que supón que cumpriu todos os requisitos para ser considerada como tal, incluído se é o caso, o pagamento de dereitos de importación.

  • Exportación: Saída de mercadorías do Territorio Aduaneiro da Unión (TAU) que só se autoriza tras levar a cabo o procedemento establecido en cada caso (declaración, inspección, aboamento de dereitos, etc.).

  • Importación: Entrada de mercadorías no Territorio Aduaneiro da Unión (TAU), que supón a realización de determinados trámites (declaración, inspección, aboamento de dereitos, etc.) antes de poder circular polo mesmo libremente.

  • Intrastat: Sistema estatístico para o tratamento dos datos de intercambio comercial entre os países membros da Unión Europea.

  • Levante: Concesión da autoridade aduaneira para que o exportador ou o importador, segundo sexa o caso, poida dispor da mercadoría que tiña depositada nos recintos aduaneiros.

  • Mercado Único Europeo: Réxime comercial e tributario común a todos os países da Unión Europea, que implica a libre circulación de mercadorías no interior da mesma e a aplicación de igual normativa e política comercial para os intercambios con terceiros países.

  • Territorio Aduaneiro da Unión: Coincide basicamente co territorio da Unión Europea, con determinadas excepcións, por exemplo:

    • En Alemaña, están exceptuados a illa de Heligoland e o territorio de Büsingen.

    • En Dinamarca, están exceptuadas as Illas Feroe e Grenlandia.

    • En España, están exceptuada Ceuta e Melilla.

    • En Francia, están exceptuados varios territorios de ultramar como Nova Caledònia e Polinesia Francesa.

    • En Italia, está exceptuado o municipio de Livigno.

Ademais, forman parte do Territorio Aduaneiro da Unión San Marino e Mónaco, a pesar de non formar parte do territorio da Unión Europea.