Unha de acción
Área : Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. Interdisciplinar. Tipo : Individual. Nivel : Terceiro Ciclo de Educación Primaria
Na película “O home que puido reinar”, de John Huston (1975), apta para todos os públicos, Danny Dravo e Peachy Carnehan son dous aventureiros trotamundos na India de 1880. Sobreviven grazas ao contrabando de armas, de mercadorías e outras dubidosas actividades. Un día deciden facer fortuna no lendario reino de Kafiristán. Despois dunha dura viaxe a través do Himalaya , acadan a súa meta xusta a tempo para facer uso da súa experiencia no combate e salvar unha vila de seus asaltantes... A película está baseada no relato de Kipling, e é unha inesquecible obra mestra do cine de aventuras.
A partir dos datos da película, establecer as características do contrabando.