Saltar ao contido principal
Que son as aduanas?

Pirataría moderna

Área : Xeografía e Historia. Tipo : Individual / grupal. Nivel : Primeiro ciclo de ESO

Distribúense os alumnos en pequenos grupos para que traballen en equipo na consulta de noticias relacionadas coa actual "pirataría" e os modernos contrabandistas. Cada grupo dedicarase a investigar sobre un dos tipos de contrabando: armas, drogas, obras de arte, animais en perigo de extinción, falsificacións de marcas, bebidas alcohólicas, tabaco, etc… O traballo conclúe coa exposición das investigacións de cada grupo e o debate sobre as mesmas.