Glosario
-
Capacidade económica: A que ten en conta o lexislador para establecer cada imposto a cargo dos contribuíntes. Considérase que a obtención de rendas, a posesión do patrimonio, a adquisición dunha herdanza ou unha doazón, a compra de mercadorías son feitos representativos de capacidade económica, tamén chamada capacidade contributiva, porque en función dela , realizan os contribuíntes as súas achegas tributarias á Facenda Pública. É dicir, é o diñeiro que se ten, ou que se demostra que se ten a xulgar polas cousas que unha compra ou posúe. Por iso, a capacidade económica é un indicador da capacidade contributiva, porque demostra o que un cidadán pode e debe pagar en concepto de impostos. O que ten maior capacidade económica, ten maior capacidade contributiva (e viceversa).
-
Equidade: Principio ou criterio que establece a aplicación dunha axeitada proporción ou correspondencia entre os medios económicos de cada persoa e as achegas que debe realizar mediante o pagamento de impostos para financiar os gastos públicos.
-
Gastos públicos: Emprego de caudais públicos para a satisfacción das necesidades públicas.
-
Impostos: Cantidade de diñeiro que os cidadáns están obrigados por lei a pagar para que as Administracións Públicas (o Estado, as Comunidades autónomas, os Municipios) dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar a satisfacción das necesidades públicas.
-
Ingresos públicos: Son as cantidades de que dispón o Estado e demais as Administracións Públicas para financiar os gastos públicos. Os ingresos públicos máis importantes son os procedentes dos impostos.
-
Orzamentos Xerais do Estado: Documento aprobado por Lei cada ano en que se determina o montante máximo do que o Estado pode gastar e en que ten que gastaro e prévénse os ingresos necesarios para financiar ese gasto.
-
Orzamento público: Documento que cumpre as finalidades xa expresadas do Orzamento do Estado, pero referido a outra entidade pública, como pode ser un Concello, unha Deputación provincial ou unha Comunidade Autónoma. O orzamento público constitúe o eixe da actividade financeira da respectiva entidade pública ao longo do ano, pois constitúe unha guía e un mandato das tarefas a realizar.