Lembremos que...
Os impostos son cantidades de diñeiro que os cidadáns están obrigados por lei a pagar para que as Administracións Públicas (o Estado, as Comunidades Autónomas, os Municipios) dispoñan dos recursos suficientes cos que financiar a satisfacción das necesidades públicas. O gasto público é o emprego de caudais públicos para a satisfacción das necesidades públicas. Os gastos públicos deben rexerse polo principio de equidade e cumpren unha función de redistribución da renda. Cada ano o Estado (e as Comunidades Autónomas e os Municipios) calculan canto diñeiro van ingresar e determinan como vano a gastar. Son os Orzamentos públicos.