Planificación
Área : Interdisciplinar. Titoría. Tipo : Grupal. Nivel : Terceiro Ciclo de Educación Primaria
-
Planificade unha excursión cos compañeiros de clase. Que deberiades facer? Como distribuiriades entre todos o traballo de organización? En que gastos teriades que pensar? De que forma conseguirías o diñeiro necesario? Escribide entre todos o programa de preparatorios que teriades que facer.
-
Planificade unha festa de aniversario. Hai que comprar o agasallo, a comida, a torta, as bebidas. Canto diñeiro hai que pór? Teñen que póro todos os que vaian á festa? E se un non quere pór diñeiro ou intenta pór menos diñeiro de que lle corresponde, poderá participar igual na festa? Hai que contratar un fotógrafo? Cantas copias de fotos haberá que facer? A canto sae? E se alguén non quere a foto que encargou?
-
Presentade conclusións por escrito.