Exposición do profesor
Toda persoa ten que realizar unha serie de gastos para vivir, porque ten que cubrir unhas necesidades básicas (entre outras, alimentos, vestido e vivenda). Estes gastos e outros, cando se teñen poucos anos, páganos os pais, pero cando xa somos maiores e temos un traballo, cadaquén se organiza cos seus gastos e cos seus ingresos, calculando o que pode gastar co diñeiro que ten e decidindo en que vai gastaro. É dicir, faise un orzamento co que se vai vivindo.
No voso caso, cando recibides unha propina ou a paga que vos dan na casa, sabedes en que podedes utilizara e para que chégavos, pero con ela non poderedes comprar cousas ou ir a sitios que custen máis da cantidade recibida. Por iso, cando, tendo en conta a cantidade de diñeiro que tedes, decidides finalmente en que ídela a gastar ou, pola contra, se a ides a aforrar toda ou unha parte, estades facendo tamén o voso orzamento.
Porén, non só existen as necesidades individuais, tamén existen as colectivas (educativas, sanitarias, de acción social, policiais, ambientais, xudiciais e outras moitas), é dicir, aquelas que por separado cada persoa non podería pagar por si de forma individual, pero que, en cambio, pódense atender coas achegas de todos.
Estas necesidades colectivas ocasionan uns gastos públicos, por exemplo, os necesarios para poder dispor dunha rede de centros escolares con educadores dedicados ao ensino; para gozar dunha rede de bibliotecas; de hospitais co axeitado persoal sanitario; de centros deportivos para a práctica de deportes e tamén para ver os nosos deportistas. Igualmente, hai que realizar gastos públicos para arranxar as rúas da cidade en que vivides; para iluminarlas e recoller os lixos; para facer e manter parques e xardíns; para construír e arranxar as estradas e autovías; para ter un servizo de bombeiros; para poder pagar aos militares e policías, que se ocupan da nosa defensa e seguridade; para poder dispor de prestacións, subvencións e asistencia social.
Porque, que pareceríache se non houbese colexios públicos nin hospitais nin bombeiros nin policías, nin pensións? Que pareceríache se non houbese luz nas rúas ou non se recollese o lixo? Os gastos públicos son para beneficio de todos e, polo tanto, entre todos debemos pagaros.
Para iso están os impostos, que son unhas cantidades de diñeiro que teñen que pagar os cidadáns, obrigados por lei, para que o Estado, as Comunidades Autónomas e os Concellos dispoñan dos recursos suficientes cos que pagar os gastos públicos.
Do mesmo xeito que para a túa economía particular e para a economía da túa familia é importante saber o diñeiro que se ten e os gastos que con ese diñeiro se poden facer, para o Estado, as Comunidades autónomas e os Concellos tamén éo. Por iso, o Estado e as demais Administracións Públicas fan unhas contas de ingresos e de gastos, que se chaman orzamentos. A lei máis importante en España é a Lei de Orzamentos Xerais do Estado, que autoriza o Goberno a recadar dos cidadáns unha serie de ingresos e a realizar determinados gastos para poder satisfacer as necesidades colectivas.